Segundo o sentido de circulación da auga distinguimos os seguintes tipos principais de humidais:
A auga circula de modo subterráneo por un lado e sae polo contrario mentres atravesa o medio filtrante, formado por grava, e as raíces das plantas, onde as bacterias contribúen á degradación da materia orgánica e á desnitrificación.

A auga entra pola parte superior a pulsos e circula en sentido vertical, atravesando o medio filtrante coas raíces das plantas e a biopelícula bacteriana adherida. Levan acoplados uns tubos de aireación favorecendo a entrada de osíxeno ao medio filtrante e mellorando a degradación dos contaminantes. Requiren menor superficie para a súa instalación, son máis eficaces e eliminan amoníaco (nitrificación).

A empresa tamén conta con experiencia noutros tipos de humidais, como os de fluxo superficial e, especialmente, en configuracións de humidais híbridos.